Preguntas frecuentes

Proxecto de melloras no comedor da escola

Ola familias,

Hoxe queremos ensinarvos un proxecto no comedor da nosa escola que o colexio levaba tempo querendo facer pero non tiña orzamento e que puidemos levar a cabo dende a ANPA grazas a unha subvención que solicitamos e nos concederon da Xunta de Galicia.

Estas son algunas das melloras que puidemos levar a cabo ate o momento:

🔸Pintar o comedor
🔸Facer unha bancada para que @s nen@s esperen sentados á hora da saída e ademáis sirva para gardar as mochilas ordeadas
🔸Perchas para deixar os abrigos
🔸 Armarios empotrados para gardar mochilas e material
🔸Unha alfombra antideslizante
🔸 A petición dunha usuaria de madrugadores: Un televisor, pensado pricipalmente para entreterse mentras almorzan pois dada a situación teñen que facelo sen xogar con outros nen@s.
🔸Mesa quente de aceiro inoxidable (solicitada, pendente de entrega)

E este é o resultado…esperamos que vos guste e sobre todo que os nenos e nenas o disfruten!

Dende o ANPA AGARIMO seguimos traballando co fín de cubrir as demandas e necesidades dos nos@s fill@s.

Un saúdo familias!
ANPA AGARIMO